Publicado el

Manel colle as rendas do equipo

Manel Vázquez, xunto ao seu equipo de colaboradores: Julio Novoa, Santi Ferrón e Zeus, faise cargo dende hoxe,  da dirección do primeiro equipo da UD Barbadás.

O técnico ourensán que adestrou á SD Valenzá, CD Ourense B e CD Arenteiro afronta con ilusión este reto que se lle presenta e que non é outro que tratar de devolver ó Barbadás á Terceira División. Por diante terá 10 xornadas para recurtar os 3 puntos que separan aos azuis do segundo clasificado, o CD Estradense.

Dende o Clube, queremos agradecer a Juanjo Vilachá, Lito e Juan Carlos Aguiar o seu gran traballo en beneficio dos intereses da UD Barbadás, desexándolle moita sorte nos seus vindeiros proxectos deportivos.

Publicado el

Comeza un novo proxecto

Hoxe, a partir das 20:30 dará comezo a pretempada para a renovada UD Barbadás que este ano competirá na Preferente Autonómica Sur. O obxectivo será loitar polos postos de ascenso cun plantel que ten moi boa pinta e que estará formado por:

PLANTILLA UD. BARBADAS 18/19

BORJA

ARON

SAUL

MARTIN

VILACHA

MARCELO

LAMELAS

RODRI

CAIO

GALLEGO

TORRES

TOÑO

NESPEREIRA

OLIVER

DIEGO GARCIA

EDU CORREIA

ROBERTO

DANI CHIMPIN

BRUNO SANTOS

DAVID SOARES

FELIPE

RUANOVA

A Liga comezará o 26 de agosto e o calendario coñecerase na Asamblea do día 30 de xullo.

O calendario de amigables xa está pechado.