![](https://udbarbadas.com/wp-content/uploads/2016/05/Diptico-Campus-Portada.jpg)
Unha edición máis, o Campus de fútbol Sporty, instálase en Allariz, do 1 ó 13 de Xullo.
Este evento, que conta ca participación de varios monitores das Escolas Deportivas do Concello de Barbadás ( Pablo Campelo, Roberto González, Abel Afonso e Cristina Novoa ), está xa consolidado coma un dos referentes dentro do verán ourensán e coma un dos mellores Campus de fútbol da actualidade.
Para inscribirse, tan só é preciso porse en contacto con algún dos organizadores por calquera das vías de comunicación.
Date presa, quedan moi poucas prazas!!!