Continúa a #FebreAzul

Esta sábado podemos seguir escribindo a historia recente da UDB. Xogamos a final da Copa Deputación contra o CD Allariz.

Reserva a túa entrada antes das 20:00 horas do mércores e benefíciate da promoción #FebreAzul: entrada + camiseta da UDB exclusiva da Final* = 10 euros.


Consegue a túa entrada + camiseta cumprimentando o formulario de petición que atoparás no link que figura máis abaixo. A recollida de entradas e camisetas será a partir das 14 horas do xoves no bar O Pereiriña, na rúa Cotelma, número 1, da Valenzá. Promoción limitada ás 200 primeiras unidades. O prezo da entrada en taquilla é de 8 euros. As portas do campo do Couto abren ás 18:00 horas o vindeiro sábado. Aforra tempo e asegura o teu asento nesta histórica final, ademáis de formar parte da familia azul.