Manel colle as rendas do equipo

Manel Vázquez, xunto ao seu equipo de colaboradores: Julio Novoa, Santi Ferrón e Zeus, faise cargo dende hoxe,  da dirección do primeiro equipo da UD Barbadás.

O técnico ourensán que adestrou á SD Valenzá, CD Ourense B e CD Arenteiro afronta con ilusión este reto que se lle presenta e que non é outro que tratar de devolver ó Barbadás á Terceira División. Por diante terá 10 xornadas para recurtar os 3 puntos que separan aos azuis do segundo clasificado, o CD Estradense.

Dende o Clube, queremos agradecer a Juanjo Vilachá, Lito e Juan Carlos Aguiar o seu gran traballo en beneficio dos intereses da UD Barbadás, desexándolle moita sorte nos seus vindeiros proxectos deportivos.