Todo quedou nun susto para Matelo

O xogador lalinense da UD Barbadás Matelo, víuse fortuitamente implicado no múltiple accidente de tráfico ocurrido na tarde do pasado venres, á altura do túnel de Alongos, na A-52.

Eran as 20:30 horas e o noso xogador se dirixía ó campo dos Carrís para participar na última sesión de adestramentos semanais, cando por mor dunha balsa de auga na estrada, perdeu o control da furgoneta na que viaxaba e colisionou contra outro vehículo, xa accidentado. Así sumáronse, outros vehículos que tamen bateron en cadea, Matelo puido evitar lesións de maior gravidade ó conseguir sair do vehículo tralo primeiro impacto, refuxíandose nun lugar seguro.

Ó final, todo quedou nun susto e o xogador, tras recibir a cura duns pequenos cortes, xa descansa no seu domicilio.